Museo Museo de las Peregrinaciones y de Santiago
Inventario FD/D-13430
Clasificación Genérica Fotografía
Objeto/Documento Fotografía
Autor/a Martínez Sánchez, Constantino (Lugar de nacimiento: Santiago de Compostela, 1943) (Tino Martínez)
Título Castrillo de los Polvazares
Materia/Soporte Papel fotográfico
Técnica Positivado/Revelado
Dimensiones Fotografía: Altura = 40 cm; Anchura = 40 cm
Marco: Altura = 51 cm; Anchura = 51 cm
Características Técnicas Branco e negro
Descripción Vista dunha imaxe nocturna dunha rúa empedrada do pobo. A rúa está delimitada, no lado dereito, por un muro baixo de pedra que fai curva e parece estar mollado. Destaca a casa da esquerda, cunha ampla entrada formada por un arco con capiteis.
Datación 12/2008
Contexto Cultural/Estilo Idade Contemporánea
Descriptores Geográficos Castrillo de los Polvazares
Clasificación Razonada Fotógrafo de formación autodidacta, a longa traxectoria profesional de Tino Martínez (Santiago de Compostela, 1943) permitiulle abordar unha gran variedade de temas pero entre eles quizais debamos destacar o seu interese pola fotografía documental, dedicación que lle levou a percorrer a boa parte da xeografía galega documentando diferentes celebracións populares nas que o ser humano expresa a súa relación coa relixiosidade ou con diferentes aspectos cultuales. Entre este tipo de traballos fotográficos é inevitable citar tres series publicadas en libros: Ofrecidos. O Nazareno do Caramiñal (1989), Ex-votos (1994) e Os milagres de Amil (2010).
A súa tarefa artística realízaa esencialmente con material analóxico, prácticamente non fai nada en dixital, e a seu preferencia é o branco e negro, aínda que tamén usa a cor, en 2001 dicía: penso basicamente en branco e negro, pero de todos os xeitos estou facendo series de fotografías coas dúas opcións e identifícome con elas. En todo caso, Tino Martínez, é representante dun tipo de fotografía directa, practicada sen subterfuxios, sen acollerse ás modas imperantes, representa a fotografía en toda a súa expresión como manifestación dunha linguaxe reivindicadora da súa propia identidade.
Esta fotografía formou parte da exposición do Museo das Peregrinacións e de Santiago titulada "Camiñantes", un conxunto de imaxes que eran o resultado do experimento persoal do fotógrafo compostelán, a súa propia experiencia no camiño de Santiago -que percorreu varias veces- impulsouno á unha indagación na que o peregrino deixa de ser un camiñante anónimo e transfórmase no protagonista dunha experiencia que el mesmo define interactuando co fotógrafo.
Todas estas fotografías son inéditas e foron realizadas expresamente para este proxecto expositivo, o autor recolle a súa visión sobre o Camiño de Santiago e sobre os peregrinos que o percorren.
Neste conxunto de fotos que compoñen a exposición Camiñantes hai dúas partes diferenciadas, unha é a daquelas imaxes realizadas polo fotógrafo ao longo do camino, durante o ano 2008, é a serie en branco e negro, e doutra banda, unha selección de retratos de peregrinos, realizada no ano 2009.
Nas imaxes en branco e negro o camiño, en sentido físico e espiritual, é o que conduce ao peregrino, o que o canaliza cara a Santiago de xeito que a figura humana queda diluída na paisaxe, na natureza que rodea a ruta xacobea, esa ausencia de cor dálle carácter de intemporalidade, de permanencia, de eternidade a cada unha destas imaxes. Non hai primeiros planos dos caminantes, ao contrario, son case sempre vistos de costas e enfocados de lonxe polo que o camiño polo que transitan é tan protagonista como cada un dos peregrinos que nel se atopan.
Forma de Ingreso Depósito por doazón
Fecha de Ingreso 30/11/2018
Catalogación Aneiros García, Roberto
Subir

© Ministerio de Cultura | v49.0 Accesibilidad | Mapa Web | Créditos | Contacte con Cer.es | Condiciones de uso | NIPO: 551-09-131-6